jueves, 28 de septiembre de 2017

DIPTONGOS E HIATOS


Probade a entrar nestas páxinas para medir os vosos coñecementos:
As dúas primeiras, para repasar a acentuación de ditongos, tritongos e hiatos en lingua castelá. 
A terceira, para formar palabras, se necesitades repasar sílabas tipo... bl, br, pl, pr, cr, cl... Vale?

ACENTUACIÓN DIPTONGOS Y TRIPTONGOS
ACENTUACIÓN DE HIATOS 

EN GALEGO, ESCRIBIMOS PALABRAS

miércoles, 27 de septiembre de 2017

ESGRIMA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

http://clubesgrimaferrol.com/

Esta mañá, na hora de Educación Física tivemos unha sesión de ESGRIMA con dous compoñentes de Prosema Club de Esgrima Tres Armas. Fixeron unha demostración, logo puidemos practicar nós por equipos, e por último, convidáronnos a visitar as súas instalacións na Malata, onde dan clases a pequenos e maiores todas as tardes de luns a venres. Estas son algunhas das fotos que tomamos!
 
https://photos.app.goo.gl/Vo67KDs9IX6VWhIz1
FAI CLIC NESTA COMPOSICIÓN PARA VER TODAS AS FOTOS

miércoles, 20 de septiembre de 2017

PLÁSTICA

Hoxe fixemos unhas bonitas creacións cun papel que agochaba cores no seu interior e un "clásico" punzón. Queredes ver os resultados?










A que molan?

miércoles, 13 de septiembre de 2017

CASTROS DE GALICIA

Hoxe na clase falamos dalgúns castros que estaría ben visitar. Recordades estes nomes? 
Para todos aqueles que teñades interese en ir algún día, queda este mapa coa ubicación. Non perdades a oportunidade de coñecelos!


martes, 12 de septiembre de 2017

miércoles, 5 de abril de 2017

MIRADE O QUE ACABO DE ATOPAR...!!!

https://goo.gl/photos/EwNN2sT5WaADrNNh6
A QUE MOLA VER  O QUE MEDRASTES??!!
SE QUEREDES RECORDAR ESTAS IMAXES, PINCHADE NA FOTO ; )

jueves, 1 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS CON BARRO

ASÍ TRABALLAMOS...









E TODO ISTO FIXEMOS...





 

martes, 8 de noviembre de 2016

PONTE NO MEU LUGAR: Iguais pero diferentes

O pasado catro de novembro tivemos unha interesante visita. Por segundo ano consecutivo ASPANEPS impatíu aos maiores de quinto e sexto unha sesión dentro do programa de Sensibilización sobre a Discapacidade. Unha interesante actividade na que sempre aprendemos e melloramos á hora de comprender os problemas aos que se enfrontan as persoas con calquera discapacidade.

lunes, 12 de septiembre de 2016

miércoles, 22 de junio de 2016

VENTE A PAZOS

Queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento a todas as persoas que fixeron posible este video. 
Grazas infinitas a Guadi Galego, quen deixou unha pegada imborrable no noso Centro; a Karlos Abal e a Isaac Palacín polo seu traballo desinteresado e a súa inesgotable paciencia; a Antón Cortizas por querer vir partillar este día connosco; a Feliciana Fresco, que aínda que non puido achegarse ese día, estivo presente nos nosos corazóns; e en definitiva, a todos e todas as persoas que formaron e forman parte da nosa Comunidade educativa, pais e nais, familias enteiras que nos apoiades de xeito incondicional, alumnado, ex-alumnos; especialmente, ao IES de Catabois, que encheu un autobús de emocións e reencontros... 
Grazas por facelo posible. A todos e cada un dos que estivestes ou quixestes estar pero non puidestes. Infinitamente, grazas.

viernes, 26 de febrero de 2016

OS LIBROS E OS LECTORES

Algúns dos libros que estamos lendo...

Traballando o DIÁLOGO

Este diálogo sae da libreta de galego de Sofía. Resposta a unha actividade do libro na que se pedía que, utilizando os guións, inventasen un diálogo no que un dependente convence a unha clienta de que se leve unha prenda que non desexa...


jueves, 25 de febrero de 2016

HORA DE LER NA CLASE

Habilidades sociais, comportamento...

Recanto na clase de "Hora de ler".

Libros de ficción


Exposición temática sobre as plantas